O Conselleiro do Mar destaca a importancia do porto de Ribeira na descarga de sardiña

RIBEIRA> O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu a última hora da tarde de onte a unha subhasta de sardiña na lonxa de Ribeira. Alí enxalzou a calidade e o sabor deste peixe, animando ó seu consumo, aproveitando ademais a festividade do San Xoán.

Durante a visita realizada á rula, o titular de Mar, puido asistir á descarga de sardiña no porto de Ribeira, un dos peiraos autonómicos que concentra, no que levamos de mes, xunto con Corcubión, a maioría das descargas a nivel galego, cunha facturación que supera xa o 1,3 millóns de euros.

Alfonso Villares destacou tamén o bo inicio de campaña, marcado polas boas capturas. Acompañado do patrón maior e da xerencia da lonxa, ademais doutras autoridades, o Conselleiro tivo tempo tamén de asistir á subhasta desta especie. Segundo el trátase dun peixe de gran calidade e sabor, animando a consumilo, aproveitando a proximidade da festividade de San Xoán.