Máis de 400 nenos participarán na I Mini BTT Ría de Noia

NOIA> A peña Ciclista Toxo organiza a primeira Mini BTT Ría de Noia. Disputarase o 7 de xullo dende o campo da festa de Santa María de Roo coa participación de máis de 400 nenos.

Uns 450 nenos, de entre 4 e 13 anos, participarán o vindeiro domingo 7 de xullo na primeira Mini BTT Ría de Noia que organiza o Club Ciclista Toxo en colaboración co concello.

A proba dividirase en 5 categorías con circuítos adaptados en función da dificultade.

Trátase dun circuíto físico pero de baixa dificultade posto que non esixe demasiada técnica dadas as características do terreo.Os interesados poden inscribirse ata o vindeiro mércores na web da federación Galega de Ciclismo. Será de balde para os deportistas federados ; os que non o estean deberán aboar 5 euros para o seguro.