Lousame despide o calendario festivo do verán co San Roquiño de Tállara

LOUSAME> Lousame despide por todo o alto o verán coas festas de San Roquiño de Tállara. Este domingo arrancaron os festexos coa procesión na honra de San Roque. As celebracións prolongarase ata o venres.

A procesión de San Roque foi a primeira das sete que se desenvolverán ó longo de toda a semana na parroquia lousamiá de Tállara. Trátase da última celebración estival do Barbanza polo que veciños e visitantes quixeron despedir por todo o alto o calendario festivo.

O grupo tradicional ‘O Son do Pote’ e a orquestra ‘Unión y Fuerza’ foron os encargados de amenizar unha xornada que chegou á súa fin coa verbena a cargo do Grupo Atenas. Quedan por diante 5 días de celebracións nos que ademais de San Roque, renderáselle tributo á Virxe do Loreto, a Purísima Concepción, San Miguel, o Anxo da Garda e a Virxe de Fátima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí