Medallas Castelao 2024 – DIRECTO

Hoxe retransmitiremos o acto de entrega das Medallas Castelao 2024

O acto institucional comezará ás 13.00 h dende a igrexa de San Domingos de Bonaval. Os condecorados neste 2024 son o grupo Leilía, o deportista Borja Golán, o empresario Amancio López Seijas, a activista Maite Isla e a Asociación de Médicos Galegos (Asomega). Con este galardón recoñécese a traxectoria profesional e persoal dos galardoados, o seu traballo e os seus logros en beneficio do nome de Galicia dentro e fóra da comunidade.