O mercadiño da Pobra retornou hoxe a actividade no seu lugar habitual

A POBRA> A Pobra hoxe recuperou o seu tradicional mercadiño ambulante. E fíxoo ademais na súa ubicación habitual. A pasada semana un grupo de vendedores negouse a cambiar de emprazamento e trasladarse para a Praza Alcalde Segundo Durán tal e como lle solicitaban dende o Concello.

O goberno local deu marcha atrás na súa decisión de ubicar na Praza Alcalde Segundo Durán os posto de calzado, roupa e complementos ante a negativa dos vendedores a emprazarse alí. O cambio que non chegou a producirse pola oposición dos comerciantes pretendía establecer un circuíto peonil na Praza, cun único punto de entrada e outro de saída, garantindo así a seguridade e a distancia entre os postos, alonxándoos ademais do sector da alimentación.

Nunha xuntanza mantida cos propios vendedores, o Concello decidiu dar marcha atrás na súa postura e permitir a montaxe dos postos no seu lugar habitual. O acordo ó que se chegou foi tamén que no caso de empeorar a situación epidemiolóxica no municipio os postos de téxtil e calzado pasarían para a praza Alcalde Segundo Durán, mentres que o sector da alimentación continuaría diante do mercado municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí