Os socialistas de Outes, Lousame e Porto do Son opóñense á centralización do servizo de pediatría en Noia

NOIA>  Os voceiros do Partido Socialista de Lousame, Outes e Porto do Son mostraron esta mañá o seu malestar coa medida proposta pola consellería de Sanidade de centralizar o servizo de pediatría destes tres municipios en Noia e paliar así a falla deste tipo de especialistas.

Considérano unha medida inadecuada e que repercutirá negativamente nas familias, que se verán afectadas por esta situación.

Pero en Outes a situación agrávase aínda máis. Á perda do pediatra, sumaráselle tamén a baixa de varios médicos de familia. Dos cinco médicos que tiñan, catro xubilaranse en breve.

A solución que propoñen dende a Xunta tampouco lles parece a máis axeitada…

A escusa esgrimida pola Xunta de que non hai médicos tampouco lles vale ós socialistas, deixando entrever que as decisións responden máis ben a un carácter económico e privatizador.

Ante esta situación pídenlle ós veciños que reclamen nos seus centros de saúde, facendo ademais unha chamada a participar na concentración prevista para mañá venres, á unha da tarde, diante do centro de saúde de Porto do Son, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.

Segundo eles o futuro da Sanidade está en xogo!!