RIANXO> A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García, achegouse esta mañá Rianxo, para visitar algunhas das obras obras financiadas cos fondos provinciais.
A achega da institución provincial a Rianxo supón este ano máis de un millón de euros.
A maioría destes fondos foron destinados á mellora das redes de abastecemento de auga e saneamento, pero tamén a outros proxectos de iluminación e mellora de eficiencia enerxética, como a actuación que se vai desenvolver ó longo do paseo marítimo e que permitirá o cambio de luminarias.
O alcalde, Julián Bustelo, agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña, que grazas ás súas achegas permítelles ós Concellos poder dispor de fondos suficientes para acometer obras de importancia para o municipio.
Durante a visita a deputada Cristina García fixo referencia tamén ós investimentos destinados ó resto de concellos da comarca do Barbanza que no seu total supera os 6 millóns de euros.











