Néstor Sieira será o candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Boiro

BOIRO> Néstor Sieira será o candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Boiro nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán en maio tras ser elixido pola Asemblea Local da formación.

A decisión xa foi ratificada este pasado sábado pola Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección da organización.

Sieira estará acompañado nos primeiros postos da candidatura por María Duro, traballadora do sistema público de emprego, e Javier Alonso, xefe de máquinas en Salvamento Marítimo.

A proposta política de Esquerda Unida para Boiro ten como punto central do seu ideario achegar o Concello á veciñanza con ferramentas como os orzamentos participativos ou incentivar e fomentar o tecido asociativo.

As liñas mestras do seu programa basearanse tamén, entre outros aspectos, en promover a vivenda pública e mellorar o transporte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí