Boiro converterase este domingo en capital do remo nacional con dúas bandeiras de traíñas da Liga ACT

BOIRO> Boiro será este domingo a capital do remo a nivel nacional. O campo de regatas de Cabo de Cruz acollerá dúas probas das Ligas Eusko Label e Euskotren. Ó remate haberá unha degustación de mexillón para tódolos asistentes.

A xornada da Liga ACT dará comezo este domingo ás once e media no peirao de Cabo de Cruz coa saída das 8 tripulacións femininas que disputarán a quinta Bandeira de Traíñas Rianxeira. Posteriormente, a partir das doce e vinte disputarase a trixésimo sexta Bandeira Concello de Boiro con ás doce embarcacións que medirán forzas nunha regata a catro longos.

Dende o Club de Remo De Cabo de Cruz quixeron agradecer a colaboración dos patrocinadores destas dúas bandeiras, tanto o concello de Boiro como Jealsa Rianxeira, que permiten celebrar na localidade dúas probas da mellor liga de remo a nivel nacional.

Ó remate das probas deportivas, haberá unha degustación de bonito e unha mexilloada para os asistentes.