NOIA> A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá as instalacións do campo de fútbol San Lázaro para coñecer as obras de mellora enerxética que prevé realizar o Concello, ó abeiro do Fondo de Cooperación Local.
Dende a Xunta destacaron a liña colaborativa que o Goberno Autonómico realiza con aqueles concellos de menos de quince mil habitantes, que non teñen, en moitos casos capacidade por si sós, para poder realizar este tipo de obras.
Dende o Concello agradeceron a visita das responsables da Xunta e sobretodo o compromiso inversor do Goberno Autonómico que, ademais da mellora prevista nestas instalacións, permitiralle tamén ó Concello realizar a instalación dun ascensor na Casa de Cultura da vila, mellorando así a accesibilidade no edificio.
Dende a Xunta fixeron balance tamén dos investimentos realizados no municipio nestes últimos anos a través de distintas liñas de financiamento e que supuxeron achegas por un importe total de un millón de euros.











