RIBEIRA> A empresa Cycle comezou hoxe a prestar servizo no aparadoiro do Centenario de Ribeira. Garántese así o persoal suficiente para manter as instalacións abertas día e noite durante todo o ano.
A entrada da nova empresa que xestiona o servizo de conserxería permitirá que dende hoxe o aparacadoiro do Centenario estea operativo as 24 horas. O concello de Ribeira dá así o paso definitivo para poñer a disposición da cidadanía un aparcadoiro céntrico e asequible posto que conta coas tarifas máis baratas do Barbanza. A primeira hora factúrase a 60 céntimos, a segunda a noventa e a terceira e sucesivas a 1’20 euros a hora. Haberá tamén bonos mensuais en diferentes modalidades e a asociación de empresarios bonificará tamén ós clientes do comercio local.
Ademais deste contrato, o goberno prevé adxudicar nas próximas semanas os novos aparellos de control de acceso e de pago automático por importe próximo ós 170 mil euros. Tamén está proxectada a reforma da cuberta para eliminar humidades que implicará a remodelación da praza do Centenario.
O concello pecha así un longo proceso para a municipalización do aparcadoiro despois de que a empresa, que ostentaba unha concesión por 50 anos, se declarase en concurso de acredores. dende entón, traballouse para rescatar a titularidade da instalacións apostando pola xestión directa.











