RIBEIRA> Os sindicatos quixeron denunciar hoxe a situación que se produciu hai uns días no centro, e que provocou que durante unha xornada e por primeira vez nos 26 anos de historia do hospital, non se contara cun radiólogo de garda.
Dende o persoal do hospital sinalan que a idea que tiña a Consellería era facelo hoxe tamén, e outros dous días máis ó longo do presente mes de agosto, pero que debido á oposición que suscitou a medida, deron marcha atrás.
Os sindicatos apuntan a que este é un exemplo máis das políticas de recortes que dende hai un tempo está promovendo a Xunta e que afectan de maneira significativa a este centro hospitalario.