Na fin de semana Noia vivirá a súa festa das motos

NOIA> Esta mañá presentábase a décimo quinta edición da Concentración Moteira Ría de Noia.

A cita desenvolverase do venres ó domingo, con numerosas actividades, nas que a moto será a protagonista.

Non faltarán as tradicionais pinchadas, as rutas mototurísticas pola comarca ou as exhibicións, este ano con algunha que outra novidade.

Durante eses tres días a vila converterase en polo de atracción de moteiros chegados dende diferentes puntos da xeografía galega, pero tamén moitos de fóra.

Dende o Concello, que colabora tamén coa concentración destacaron a importancia desta cita de cara a promoción turística da vila e a dinamización do comercio e a hostalería local.

Dende a organización quixeron agradecer tamén a colaboración das diferentes empresas e casas comerciais, que xunto co Concello, fan posible que a cita poida celebrarse un ano máis.