A nova sede da policía local de Rianxo será unha realidade este ano

RIANXO> O concello de Rianxo vén de asinar os contratos de dúas obras financiadas con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña. Trátase da nova sede da policía local e da primeira fase da pavimentación da aldea de Brión.

A nova sede da policía local de Rianxo será por fin unha realidade. Despois que a obra, iniciada xa hai máis dunha década no marco do Plan E, quedara paralizada pola falla de fondos, o concello vén de asinar o contrato para a súa finalización.

A outra actuación que se acometerá tamén con cargo ó plan único da Deputación será a primeira fase da pavimentación do núcleo de Brión.