A andaina en favor de ASANOG en Rianxo supera os 19 mil euros de recadación

RIANXO> A andaina solidaria en favor de ASANOG celebrada onte en Rianxo superou tódalas expectativas. O número de participantes, máis de 1200, duplicou a edición pasada e a recadación ascendeu a 19 mil euros.

Aínda que a organización agardaba mellorar os resultados do pasado ano, andaina solidaria en favor de ASANOG celebrada onte en Rianxo superou tódalas expectativas.

Máis de 1200 persoas tomaron a saída ás dez da mañá dende a praza Castelao para realizar un fermoso percorrido polo municipio. Dende o paseo marítimo ascenderon ó Alto da Pena para disfrutar dunha completa panorámica da ría de Arousa. Trala baixada visitaron a aldea maldita de Abuín e realizaron o camiño de volta a Rianxo polo bordo litoral.

A gran afluencia de camiñantes, favorecida polo bo tempo e a coincidencia cunha ponte festiva, fixo que practicamente se duplicara a participación do pasado ano. En total, a recadación ascenden a máis de 19 mil euros destinados integramente á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí