O Carme encherá Porto do Son de festa e relixión durante cinco días

PORTO DO SON> Porto do Son vivirá cinco intensos días de celebración coas festas do Carme. Desenvolveranse entre o 7 e o 11 de setembro cunha mestura da programación relixiosa e cultural con actividades para tódolos públicos.

Porto do Son despedirá o verán cunha das súas festas máis tradicionais. O Carme celebrarase entre o 7 e 11 de setembro cun amplo programa con actividades para pequenos e maiores.

Os actos centrais terán lugar o domingo día 8 coa misa e procesión marítima na honra da Virxe do Carme, aínda que o resto das xornadas tamén terán unha compoñente relixiosa dedicadas á Virxe do Loreto, San Roque e a Caridade.

Unha das xornadas máis especiais será a do luns na que a sardiñada no campo do Loreto reúne a numerosos veciños e visitantes nunha xornada de confraternidade.

Tamén a música estará moi presente nestes festexos con bandas e grupos de música tradicional, o concerto de Monolius Dop ou orquestras de renome como Kubo ou París de Noia.

Inserto

O mércores 11, unha gran tirada de fogos de artificio porá o broche de ouro a estas celebracións