O BNG pide a convocatoria urxente da asemblea da mancomunidade Serra do Barbanza

MUROS-NOIA> O BNG de Muros-Noia vén de mostrar o seu malestar pola tardanza na convocatoria da asemblea xeral da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza. Os nacionalistas critican a demora na convocatoria deste órgano, que leva uns dezaoito meses sen reunirse.

O BNG de Muros-Noia entende que dende a a convocatoria das últimas eleccións locais, en maio de 2019, houbo tempo de abondo para convocar unha asemblea xeral da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza. Segundo eles van alá máis de dezaoito meses e os novos representantes elixidos nos comicios locais aínda non tiveron a ocasión de tomar parte deste órgano, polo que lle piden á Presidencia que a convoque á máxima urxencia posible.

Os nacionalistas aproveitaron tamén esta comparecencia para destacar o modelo de xestión do lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, baseado na separación selectiva e na compostaxe da materia orgánica, contrapoñéndoo co de SOGAMA, que promoven dende a Xunta.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí