Doce casetas integrarán a VI Feira do Libro de Rianxo

RIANXO> A sexta edición da Feira do Libro de Rianxo consolídase xa como un referente en toda Galicia á altura das celebradas en grandes cidades e cabeceiras de comarca. Nada máis e nada menos que doce casetas, once de librarías e unha da Deputación da Coruña, instalaranse na praza do concello a partir do xoves. Ademais de coñecer as últimas novidades editoriais e asistir a presentacións e firmas de libras, os visitantes que se acheguen ata a feira rianxeira poderán disfrutar dun amplo programa de actividades complementarias.A danza e a música estará tamén integrada na feira ó coincidir coa celebración do Festival de Danza Internacional e o concerto de Son de Seu. Como en tódalas feiras enmarcadas no circuíto galego, os libros terán un dez por cento de desconto, co fin de seguir a fomentar o hábito de lectura, un dos principais obxectivos que persiguen estes eventos. Precisamente a este resecto, a deputada provincial Ánxela Franco volveu insistir na necesidade de rebaixar o IVE cultural facilitando o acceso xeralizado á lectura.