RIANXO> O PSOE de Rianxo pide explicación só goberno local ante as deficiencias que presentan algunhas obras executadas con cargo ó POS. Unha delas é o saneamento de Quintáns en Isorna, sen rematar ano e medio despois do seu inicio.
Son varias as obras executadas con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña que presentan problemas polo que os socialistas rianxeiros piden explicacións ó goberno local. Entre eles, o sanneamento e abastecemento en Quintáns que leva paralizado meses, ano e medio despois do seu comezo.
Refírense tamén dende o PSOE ás reformas executadas no pavillón municipal e o centro sociocultural de Taragoña. A pesar de que ambas foron recepcionadas polo concello presentan aínda numerosas deficiencias polo que entenden que deberían pedir responsabilidades ás empresas adxudicataria.
Por último, os socialistas pedirán explicacións sobre o asfaltado en Pousada, acometida hai agora un ano e con numerosas actuacións aínda por rematar.











