A Xunta vai reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos

GALICIA> A Xunta vai reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos. Será xa a partir deste curso que acaba de arrancar, no marco do novo plan MEGA de mellora educativa. Unha estratexia que busca incrementar o nivel das competencias clave do alumnado e personalizar o apoio educativo. Este novo plan está dotado con 77 millóns de euros para os vindeiros catro aons e beneficiará a 400 centros.

A Xunta vai reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos. Esta medida enmárcase dentro do novo Plan MEGA de mellora educativa, que busca incrementar o nivle de competencias clave do alumnado e personalizar o apoio educativo.

Tamén é resultado das avaliacións que se fixeron tanto en primaria como na ESO nas que se detectaron necesidades que agora serán atendidas con este plan.

A partir de aí, o goberno galego porá a disposición dos centros unha serie de recursos e programas contemplados no Plan MEGA, máis alá da contratación dos 400 docentes adicionais.

E todo, di o Conselleiro, para que cada alumno poida desenvolver e avanzar dentro do sistema. Para iso, buscarase incrementar o nivel de competencias dos alumnos, personalizar o apoio educativo, reforzar as competencias clave, como as linguas ou matemáticas e, ao mesmo tempo, avanzar cara a un ensino máis inclusivo e fomentar a integración do alumnado estranxeiro.

O Plan MEGA estrutúrase arredor de seis programas distintos, en diferentes etapas desde infantil ata FP básica pasando por primaria e ESO para dar cumprimento a diferentes obxectivos, promovendo o desenvolvemento de proxectos de referencia en áreas como a promoción da igualdade, a convivencia, o benestar emocional ou a sustentabilidade.