Rianxo avanza na dotación de servizos básicos co saneamento de Quintáns que finalizará este mes

RIANXO> O alcalde de Rianxo saíu ó paso das críticas formuladas polo Partido Socialista con respecto ó retraso dalgunhas obras. Julián Bustelo aclarou que o abastecemento e saneamento dos  núcleos de Quintáns e Vilas está a piques de rematar. Incidiu en que a demora debeuse ás dificultades orográficas do terreo e non á incapacidade de xestión do goberno.

Tras máis dun ano en marcha, as obras para dotar de abastecemento e saneamento ó núcleo rianxeiro de Quintáns entran na súa fase final. O concello de Rianxo agarda rematar a actuación ó longo deste mes de outubro, superadas as principais dificultades que entrañaba a actuación ante as características do terreo.

En paralelo, estase a executar tamén unha actuación similar no núcleo de Viñas. Trala instalacións das redes de abastecemento e saneamento tan só queda pendente a pavimentación do vial.

Unha vez rematada esta actuación dará comezo a dotación de abastecemento na CAsilla, enmarcada tamén no plan Único da Deputación da Coruña.