O PP da Pobra insiste na necesidade de dotar ó municipio de máis chan industrial

POBRA> Así de contundente se mostra o voceiro do PP respecto á falla de definición por parte do equipo de goberno respecto á dotación de máis chan industrial no municipio.

Para esta formación o desenvolvemento económico e a creación de emprego debera de ser unha das bandeiras de calquera goberno, pero, segundo eles, na Pobra, isto non se dá.

Dende hai oito  anos os populares veñen incidindo na necesidade de dotar de máis chan industrial ó municipio, facendo os trámites necesarios para acadar unha terceira fase de ampliación para a Tomada, ou explorar outras posibles vías.

Para o PP a falla de interese neste asunto por parte do equipo de goberno foi palpable tamén cando se abordou a ampliación das instalacións dunha das principais empresas do municipio.

Os populares teñen intención de levar a pleno novamente este asunto e solicitarlle ó equipo de goberno que inicie canto antes os trámites necesarios para dotar de máis chan industrial á localidade.