O BNG insiste na necesidade de regular un protocolo de baleirado dos encoros

NOIA> O inicio dunha nova campaña marisqueira, e ante o temor a que volva a acontecer o mesmo que sucedeu o pasado ano, coa mortaldade masiva de marisco a consecuencia da baixa salinidade das augas, leva ó BNG a presentar de novo unha iniciativa parlamentaria para instar á Xunta a regular un protocolo de baleirado dos encoros, dando así resposta tamén a unha solicitude de hai moitos por parte do pósito noiés.

A deputada nacionalista, Rosana Pérez, insiste en que a Xunta ten as competencias nesta materia, de aí que lle pida que se poña do lado dos sectores produtivos da ría, e non do lado das eléctricas que teñen a concesión dos encoros.