A Xunta de Galicia inviste 4,3 millóns de euros na transformación da estrada PO-308

POIO>  A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións supervisou esta mañá o resultado final das obras da estrada PO-308. En concreto, a transformación que sufriu o tramo entre O Covelo e A Granxa.

4,3 millóns de euros. Esa é a cantidade investida pola Xunta de Galicia na transformación da estrada PO-308 no tramo entre O Covelo e A Granxa. Unha transformación que se divide en dous proxectos. Por unha banda, o itinerario peonil e ciclista de 3,7 km de lonxitude entre O Covelo e Raxó. A actuación, valorada en máis de 2 millóns de euros, está cofinanciada pola Unión Europea.

Co obxectivo de eliminar o treito de concentración de accidentes e mellorar a seguridade viaria entre O Covelo e A Granxa, a Xunta investiu arredor de 1,5 millóns de euros na construción de dúas novas glorietas e varias semiglorietas.

Na visita a esta estrada, o alcalde de Poio agradeceu o traballo realizado pola Xunta de Galicia no seu municipio e aproveitou para pedir unha maior colaboración entre as dúas administracións.

Ethel Vázquez asegurou que estas obras son só o comezo dun traballo máis amplo, co que se pretende converter á estrada PO-308 nunha referencia de seguridade viaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí