A rapazada do IES Ramón Cabanillas de Cambados regueifa pola igualdade

CAMBADOS> En Cambados reivindicaron hoxe a igualdade regueifando. A rapazada do IES Ramón Cabanillas participou nunha regueifa pola igualdade, unha iniciativa posta en marcha pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Estivo encabezada pola regueifeira Lupe Blanco, unha das principais voces desta disciplina nestes momentos en Galicia. Ela foi a encargada de ensinar aos mozos e mozas a dinámica deste canto, coa temática da igualdade como eixo condutor.

Este é o segundo ano que se pon en marcha este proxecto con motivo da conmemoración do 25N. A resposta da rapazada está ser moi boa, pola similitude da regueifa e o seu ritmo a outros sons e músicas actuais.

Ademais de en Cambados, a iniciativa tamén fará parada este ano en Vigo, Ponte Caldelas e Silleda.