RIBEIRA> O PP de Ribeira proporá ó executivo que conceda a medalla de ouro do concello á confraría de Aguiño. Así llo comunicou a voceira dos populares ó patrón maior e outros representantes do pósito nunha xuntanza mantida a pasada tarde para interesarse polas principais necesidades desta entidade.
A confraría de Carreira e Aguiño celebraba este ano o seu centenario. Un século de historia no que a entidade se converteu no motor económico das dúas parroquias contribuíndo ó seu crecemento e dinamización. Por esta razón dende o PP consideran máis que merecido recoñecer a súa traxectoria polo que propoñerán ó pleno que se lle conceda a medalla de ouro do concello.
A proposta xa lle foi trasladada ós representantes da confraría nunha xuntanza celebrada a pasada tarde para tratar outros temas e necesidades da agrupación de mariscadores. Foi moi ben acollida polo patrón maior e os representantes do cabildo.











