A acusación ve probado que o Chicle raptou, asasinou e violou a Diana Quer

SANTIAGO> O xurado xa delibera sobre este caso. Tralo remate do xuízo, as partes reuníronse para redactar o obxecto do veredicto: as preguntas ás que terán que responder os cinco homes e catro mulleres que compoñen o órgano en base a se consideran determinados feitos probados ou non probados. O maxistrado presidente da sala explicoulles o funcionamento do proceso ao que se enfrontan, que os manterá illados ata que se faga público o resultado das súas deliberacións. En función da súa decisión, será o tribunal profesional o encargado de determinar a pena que lle corresponde cumprir a José Enrique Abuín. Recordemos que fronte á condena que solicita a defensa por un homicidio imprudente ou con dolo eventual, castigados con penas de dous anos e medio ou de cinco a sete anos de cadea, fiscalía e acusación particular reclaman a prisión permanente revisable. Hoxe o xuíz Ángel Pantín pedía ao xurado responsabilidade e independencia absoluta á hora de tomar a decisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí