RIBEIRA> Para celebrar o día de Santa Icía, o concello de Ribeira programou unha serie de concertos ó longo das próxima semanas. Ademais do alumnado do conservatorio, haberá actuacións da Coral Polifónica e da Rondalla de Aguiño.
A programación dará comezo os días 20 e 21 con dúas audicións no conservatorio municipal a cargo do alumnado.
Tomaralle o relevo a coral municipal o día 22 cun concerto de música sacra o propio día de Santa Icía na igrexa parroquial.
Pechará o programa a rondalla de Aguiño cun concerto no conservatorio da parroquia o 24 de novembro.











