Detidos dous boirenses polo roubo de diversa maquinaria e electrodomésticos

BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo a dous veciños da localidade coma presuntos autores dun delito de roubo de maquinaria e electrodomésticos nun edificio que estaba a ser reformado.

Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado foron os responsables da empresa que está a executar as obras  os que presentaron a denuncia no cuartel.

As pescudas realizadas polos axentes da Garda Civil permitiron a identificación destas dúas persoas.

Ademais tamén se puideron recuperar varios dos efectos subtraídos que xa lle foron devoltos ós seus lexítimos propietarios.

Aínda así a Garda Civil mantén aberta a investigación co fin de poder localizar o resto de obxectos roubados.