A Xunta apela a un consumo responsable de auga ante a seca

BARBANZA> Preocupación no seo do goberno galego ante a seca que xa está a impoñer medidas de restricións nalgúns concellos galegos. Durante a súa visita a Ribeira, a Conselleira de Medio Ambiente fixo un chamamento á responsabilidade no consumo tanto ós cidadáns como ós concellos.

Ademais do control doméstico, Ánxeles Vázquez apelou ós concellos a mellorar o mantemento das redes de abastecemento e acometidas para evitar perdas innecesarias na traída de auga potable. Neste sentido, o concello de Ribeira xa fixo os deberes garantindo que o 95 por cento do caudal chega ó seu destino.

Así as cousas a situación de seca aínda non é preocupante no concello de Ribeira malia que no verán depende case exclusivamente do río Ulla ante a redución do caudal no Río Sieira. Por esta razón, o alcalde avoga pola posta en marcha dunha mancomunidade de augas entre tódolos concellos do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí