A Policía Local de Rianxo denunciou a un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcolemia

RIANXO> Unha chamada á Policía Local de Rianxo alertando da existencia dun vehículo realizando manobras estrañas por diferentes rúas do casco urbano, circulando incluso por dirección contraria, mobilizou ós axentes, que iniciaron un operativo de busca para tratar de localizalo. Interceptárono na zona do Pazo.

Despois de darlle o alto e identificar ó condutor, ó parecer con signos evidentes de ter inxerido bebidas alcólicas, realizáronlle a proba de alcolemia.

A taxa cuadriplicaba a máxima permitida, polo que os axentes procederon a confección da correspondente denuncia por un presunto delito contra a seguridade do tráfico, polo que xa foi citado para un xuízo rápido nos xulgado de Padrón.