Ribeira renova a súa colaboración cos entidades sociais do municipio

RIBEIRA> Ribeira renova o seu compromiso coas entidades que traballan no municipio en beneficio da sociedade. Esta mañá tiña lugar o acto de sinatura dos convenios con asociacións e fundacións que suporán un investimento próximo ós 850.000 euros.

O concello de Ribeira asinaba os convenios de colaboración cunha ducia de entidades de carácter social. A partida destinada a este fin está dotada con 850 mil euros para axudar a sufragar a actividade destas asociacións e fundacións.

O goberno reforza así o seu compromiso co tecido asociativo que traballa en prol do ben comunitario ó longo de todo o ano.