Meis mantén viva a súa tradición do galo de curral poñendo á venda 250 exemplares

MEIS> Meis prepárase para un dos seus grandes clásicos do Nadal. Falamos da Feira do Galo de Curral, unha cita que terá lugar o vindeiro día 22 no Mosteiro. As criadoras calculan que este ano venderán uns 250 exemplares, a un prezo de 12 euros o quilo. Para animar as vendas o Concello organiza de forma paralela para ese día un Mercado de Nadal e a visita de Papá Noel.

É unha das imaxes que mellor representa o Nadal no Concello de Meis. Falamos da Feira do Galo de Curral, unha cita que como manda a tradición celebrarase o vindeiro día 22 no Mercado do Mosteiro. A ela acudirán nove criadoras, que levan meses mimando e vendo medrar os galos.

Cada un deles pese arredor de 4 ou 5 quilos. Este ano, a pesar do esforzo que supón, decidiron manter os prezos. Vanos vender a uns 12 euros o quilo. Desta volta criaron uns 250 exemplares. Deles moitos xa teñen dono, polo que á feira levar uns 175. 

Este ano a feira cadra en domingo, polo que o concello decidiu redobrar esforzos para animar aínda máis as vendas e ofrecer unha programación paralela á cita. Este ano van organizar un mercado de Nadal.

Tamén visitará a vila Papá Noel. A rapazada poderá acompañar a Papá Noel entre as 12 e as 14 horas.