CALDAS> As vindeiras eleccións municipais non serán iguais en todos os concellos. Nalgún deles, hai parroquias, como a de arcos da condesa en caldas, onde a veciñanza votará dúas veces. Isto ocorre porque a parroquia está recoñecida como unha entidade local menor, o que lle permite ter unha personalidade xurídica propia co seu propio goberno. Aínda que as súas competencias son mínimas, poden xestionar o monte, arranxar camiños e optar a axudas doutras administración.
Nas eleccións municipais do vindeiro domingo, a veciñanza dunha parroquia da nosa contorna poderá votar dúas veces. Isto ocorre en Arcos da Condesa en Caldas, unha parroquia que está recoñecida como unha entidade menor local. A parroquia obtivo este recoñecemento nos anos 40 para poder xestionar as preto de 200 hectáreas do monte público co que conta.
Ao ser unha entidade menor local, a parroquia conta coa súa propia xunta veciñal composta por 1 alcalde pedáneo e catro vogais. A veciñanza terá que votar dúas veces, unha para o seu alcalde pedáneo e outra para o concello de Caldas.
A pesar de ter esta catalogación de entidade local, as competencias son mínimas.
Aínda así, a veciñanza destaca os beneficios de contar con este recoñecemento.
Da urna do alcalde pedáneo só sairá elixido o representante que máis votos teña, sen poder pactar entre os partidos. Actualmente goberna o Partido Popular, e o vindeiro domingo os preto de 600 veciños da zona que poden votar elixirán entre a continuidade ou o cambio de goberno cara o PSOE ou o BNG.