BarbanTEA organiza unha recepción inclusiva dos Reis Magos

BOIRO> Boiro acollerá este domingo unha recepción inclusiva dos Reis Magos. Será a partir das once e media da mañá no local Leñaverde e está especialmente orientada a nenos neurodiverxentes, aínda que aberta a todo o público.

A asociación BarbanTEA organiza unha recepción inclusiva para que tódolos cativos, especialmente aqueles con trastorno do espectro autista, poidan ver ós Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán ós cativos este domingo a partir das once e media da mañá, no local Leñaverde emprazado no soto do centro social de Boiro. Aínda que a actividade está dirixida especialmente a nenos neurodiverxentes, as súas maxestades recibirán a tódolos cativos que se acheguen. Entregaranlle ademais doces e agasallos.

Durante a presentación desta recepción, o alcalde de Boiro aproveitou para anunciar a suspensión da cabalgata por mor do mal tempo previsto. No seu lugar, celebrarase unha gran festa no pavillón da Cachada na que os nenos visitarán ós reis e gozarán de xogos e unha chocolatada.