Jonathan Estévez, un salnesán en Alemaña preocupado pola situación de España

VILAGARCÍA> Continuamos pendentes da información que nos mandan os veciños da contorna que residen no estranxeiro. Dende Alemaña, Jonathan Estévez explica como lles está a afectar no país xermano a pandemia do coronavirus.

A pandemia provocada polo coronavirus obrigou aos diferentes países a tomar medidas para frear a pandemia. Mentres en España levamos máis de un mes confinados nas nosas casas, os veciños da contorna que residen en Alemaña continúan co seu día a día case con normalidade.

A situación de España preocupa moito dende a Alemaña, por iso non entenden a falta de medidas que se toman no país xermano.

A pesar do baixo porcentaxe de decesos, menos do 3%, en Alemaña xa hai máis de 135 mil contaxiados. Uns datos importantes, polos que Jonathan considera que se deberían tomar medidas máis estritas.

Dende Alemaña Jonathan manda un mensaxe de ánimo e nos recorda a importancia de que quedemos na casa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí