OUTES> O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou as instalacións de conservas Sotavento, emprazadas no lugar de Ceilán, no concello de Outes.
Na súa visita coñeceu o traballo que desenvolve esta empresa familiar dedicada á elaboración de conserva artesanais e tradicionais en base a un produto local de alta calidade.
Conservas Sotavento é unha firma familiar creada en Porto do Son, aínda que actualmente radicada en Outes, na que traballan máis de vinte persoas, sumando produción e oficinas.
A súa principal característica baséase na elaboración de conserva de xeito artesanal de alta calidade, cunha especial aposta polo produto local e de proximidade como pode ser o polbo, o mexillón ou a sardiña, que distribúen por todo o mercado nacional e que agora pretenden estender tamén ó mercado norteamericano.