Case 400 atletas logran completar o Trail de Lousame

LOUSAME> Preto de 400 atletas lograron completar o Trail de Lousame que se celebrou este domingo. Na proba longa impuxéronse Damián González e María Platero mentres que Rubén Martínez e Nerea Castro proclamáronse gañadores do trail curto.

Desafíando as baixas temperaturas, un total de 387 atletas lograron completar o Trail de Lousame. Rubén Martínez Mayo, do Club Atletismo Negreira, gañou por quinta vez a proba curta cun tempo dunha hora, catro minutos e 39 segundos, con case catro munutos de vantaxe sobre o segundo clasificado. Nerea Castro fixo o propio na categoría feminina completando a distancia de 14 quilómetros nunha hora, 21 minutos e 32 segundos.  

No que respecta ó trail longo, Damián González acabou primeira cun tempo de 2 horas, 7 minutos e 21 segundos. O  máis alto do podio feminino foi para María Platero que completou a proba nun tempo de de 2 horas 30 minutos e 16 segundos. Alzouse coa vitoria a pesar de sufrir unha caída a cinco quilómetros de chegar á meta que, a pesar de obrigarlle a baixar o ritmo, non impediu que se alzase co triunfo con máis de 12 minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada.

Tras repoñer forzas co avituallamento previsto pola organización no polideportivo, os atletas recibiron os seus premios na entrega de trofeos de mans de diversos concelleiros da corporación municipal e do xerente de Futuránea, empresa local principal patrocinadora do Trail. Dende o concello de Lousame quixeron agradecer a implicación desta e doutras moitas empresas así como dos máis de 60 voluntarios que colabora na organización, especialmente a Cruz Vermella, Protección Civil e Emesports.