RIBEIRA> A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño celebra este ano o seu vixésimo aniversario. Entre os moitos actos que organiza ó longo do ano destaca a súa Semana Cultural que dará comezo mañá venres con numerosas actividades.
Unha charla a cargo do presidente do Xuventú Aguiño, que celebra este ano seu 50 aniversario, e do cronista Xosé María Fernández Pazos sobre o Santa Isabel, abrirá as celebracións da Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.
Os actos centrais terán lugar o sábado coa ofrenda floral ante a sepultura do párroco no cemiterio de San Vicente de Noal en Porto do Son.
Paco Nogueiras será o encargado de pechar os actos o domingo co espectáculo infantil ‘Son Animal’, a partir das cinco e media da tarde no conservatorio de Aguiño.










