RIBEIRA> O PP de Ribeira presentou unha proposta con máis de 20 iniciativas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Agardan que o executivo teña en conta as súas achegas que foron presentadas mediante o proceso de consulta pública convocada polo concello.
O Partido Popular de Ribeira congratúlase de que o executivo convocase unha consulta pública para coñecer as prioridades da veciñanza á hora de destinar os investimentos do POS da Deputación para este ano. Unha consulta que, din os populares, non é nova posto que xa partiu do goberno presidido por Manuel Ruíz na anterior lexislatura.
O PP realizou a súa achega en forma de 22 propostas recollidas nas numerosas xuntanzas cos veciños e a través cos edís que manteñen contacto permanente coa veciñanza das distintas parroquias.
Agardan que as súas iniciativas sexan tidas en conta tal e como aconteceu co proxecto de rehabilitación da grada do campo da Guía en Carreira que se sufragará con cargo ó POS.











