BOIRO> O concello de Boiro traballa na dotación de máis chan industrial ó municipio. O alcalde analizou as distintas alternativas que ten sobre a mesa na visita realizada esta mañá ó munciipio polo presidente da Confederación de Empresarios da provincia da Coruña, Antonio Fontenla.
A principal alternativa que baralla o concello de Bpoiro para contar con máis xchan industrial é a ampliación do polígono de Espiñeira. Sen embargo, a dispoñobilidade de terreos permitiría só habilitar unha superficie de 300 mil metros cadrados polo que o executivo estuda tamén a creación dun novo polígono en Vista Alegre que estaría conectado co actual.
O alcalde referiuse a estes dous proxectos na visita realizada esta mañá ó concello por unha delegación da Confederación de Empresarios da Coruña. O seu presidente destacou a boa marcha do tecido empresarial en Boiro que precisa dese crecemento de chan industrial para seguir atraendo empresas.
Tralo acto institucional no concello desprazáronse ata o polígono de Espiñeira para visitar as instalacións do centro de formación e viveiro de empresas.