O comercio do Barbanza súmase á campaña de AMICOS polo Día do Autismo

BOIRO> Sete asociacións empresariais da comarca sumaranse á campaña de concienciación sobre o autismo que desenvolve AMICOS.  O próximo dous da abril, os escaparates de moitos dos comercios asociados tinguiranse de azul para conmemorar o Día Mundial desta enfermidade. O comercio do Barbanza volverá tinguirse de cor azul o vindeiro día dous de abril co gallo da conmemoración do Día Mundial do Autismo. Esta campaña, enmarcada nos diferentes actos conmemorativos que promove a asociación AMICOS xunto con outros actos, contará co apoio de sete asociacións empresariais de toda a comarca. Tamén os concellos sumaranse á celebración desta efeméride na que se busca concienciar á sociedade sobre a necesidade de inclusión das persoas afectadas por algún trastorno do espectro autista.