RIBEIRA> O Centro Cultural Lustres Rivas acolle ata o próximo 22 de febrero a Mostra do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación da Coruña. Trátase dunha escolma dos traballos presentados á decimo oitava edición do certame entre os que figuran a obra gañadora e os dous accésit.
Un ano máis, os ribeirenses terán ocasión de visitar unha exposición de primeiro nivel. A mostra do premio Internacional Jesús Núñez da Deputación da Coruña recala no centro cultural Lustres Rivas. Está composta por 26 obras, seleccionadas entre as máis de cen que se presentaron a concurso procedentes dunha vintena de países.
Destaca a obra gañadora, ‘10 graos’ de Juan Carlos Escudero realizada en augaforte en releve, xunto cos dous accésit que foron parar ós artistas Mateusz Patrzyk de Oliveira e Maite Pinto.
Aqueles que non queiran perder esta mostra deben darse presa posto que tan só permanecerá na sala ribeirense ata o 22 de febreiro.











