A Deputación de Pontevedra anima a falar en galego no acto do Día de Rosalía e das Linguas Maternas

PONTEVEDRA> Neste 21 de febreiro conmemoramos o Día da Lingua Materna e, ademais, estamos ás portas da celebración do Día de Rosalía. A Deputación de Pontevedra encheuse hoxe de rapazada nun acto no que o presidente provincial animounos a seguir falando en galego.

Ao acto asistiu rapazada de terceiro de Primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra.En total, uns 75 nenos e nenas sumáronse a esta xornada, na que a Deputación aproveitou para preesntar un certame educativo Deputación para coñecer a figura de Rosalía e promover o uso da lingua galega.

Trátase dun certame no que os centros da provincia que decidan participar deberán gravar unha peza audiovisual protagonizado polo alumnado, incluíndo música, ambientación, vestiario e actuación; recitando algún poema de Rosalía de Castro.

Esta mañá tamén se recitaron poemas da nosa poetisa máis universal. Primeiro foi o propio presidente provincial cunha estrofa dun poema sobre a lingua galega.Acto seguido o protagonismo asumírono os estudantes ao recitar a coro poemas da poeta nacida en Padrón.