Noia incrementa nun 30 por cento as partidas destinadas á conciliación

NOIA> O concello de Noia incrementará nun 30 por cento a partida orzamentarias destinada á conciliación das familias. Esta suba foi aprobada no último pleno a raíz dunha iniciativa presentada pola Marea Cidadá de Noia.

A proposta da Marea Cidadá contempla o incremento daquelas partidas destinadas a transporte, comedor e material escolar co fin de que as familias poidan facer fronte a estes gastos que. ó igual que o resto de servizos, están a experimentar unha importante suba.

Ademais deste incremento dende a Marea propoñen a elaboración dun Plan Integral de Conciliación para que as familias dispoñan de servizos para atender ós seus cativos aqueles días non lectivos que non son festivos.

Estas medidas contribuirían, segundo a Marea, a frear a caída poboacional que está a sufrir Noia posto que moitas familias optan por trasladarse a outros concellos que si dispoñen dunha ampla oferta de conciliación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí