Rouban na igrexa de Cambados as xoias da figura do San Bieito

CAMBADOS> Cambados sofre o roubo das xoias do seu santo de San Bieito. O ladrón ou os ladróns, quedaron escondidos na igrexa no descanso do medio día para roubar ao santo e fuxir co botín. O párroco da vila sinala que á marxe dos obxectos subtraídos, o dano sentimental é moi grande.

O día grande para os debotos do Concello de Cambados rematou cun roubo ao seu santo. Un ou varios ladróns, encerráronse na igrexa durante o descanso do persoal e aproveitaron para roubar as xoias de San Bieito.

O párroco cree que os ladróns tiñan perfectamente estudiado o roubo, xa que o Santo só esta dispoñible durante ese día na igrexa e o único momento no que non hai xente é no medio día.

A cantidade roubada é incalculable pero o dano sentimental é aínda máis grande.

O párroco xa denunciou o roubo no cuartel da Garda Civil. Os axentes encargaranse  das investigacións para intentar atopar aos cacos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí