Máis de corenta establecementos súmanse á Noite Branca de Ribeira

RIBEIRA> Nesta undécima edición, a Noite Branca de Riveira bate récord de participación con corenta eun establecementos que se suman a esta iniciativa promovida pola asociación de Empresarios. Tódolos establecementos participantes contarán cun distintivo nas súas portas. Ademais lucirán ben bonitos grazas á decoración elaborada polos usuarios do centro de día de alzheimer que colabora con esta iniciativa. Durante toda a xornada desenvolveranse ademais actividades de animación organizadas polo concello. Dende a patronal chaman á participación da cidadanía nesta  iniciativa que ten como obxectivo final a dinamización do pequeno comercio.