RIANXO> A actuación, cun importe que supera os cen mil euros, irá con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña. A súa execución será inmediata, polo que estaría rematada antes de finais de ano.
O executivo rianxeiro vén de adxudicar á empresa NOSA, por un importe de algo máis de cen mil euros, as obras para dotar de saneamento a varias casas do núcleo de Burés, na parroquia de Asados.
Trátase dunha primeira fase da actuación, que contempla dar servizo a unhas trinta e cinco vivendas. Será financiada con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.
O rexedor informou tamén de que está a piques de adxudicarse tamén a obra para conectar á traída municipal a Outeiro-Taragoña, e está previsto que tras o permiso de Augas de Galicia, se impulse a contratación da instalación das redes de saneamento e de abastecemento no núcleo de Quintáns, en Isorna.