Trinta establecementos bótanse á rúa este sábado en Vilagarcía para presumir de comercio local

VILAGARCÍA> O comercio de Vilagarcía bótase á rúa. Esta sábado Zona  Aberta vai reunir durante todo o día na praza de Galicia os mellores produtos dunha trintena de establecementos do máis variado. Este ano inclúese por primeira vez oferta do sector da alimentación. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que esta iniciativa sirve para darlle visibilidade a todos os negocios, en especial a aqueles que están algo algo máis afastados do centro ou en rúas que non son peonís e polas que transcorre menos xente.

O tempo obrigou a aprazalo, pero as expectativas son moi boas. Falamos do ‘Mercar na rúa’,  unha iniciativa de Zona aberta que vai ter lugar este sábado e que encherá a praza de Galicia de Vilagarcía cos mellores produtos dunha trintena de establecementos.

Ata a praza de Galicia achegaranse unha trintena de establecementos, por primeira vez tamén do sector da alimentación.

Un xeito, explican dende Zona Aberta de situar no centro do mapa a establecementos que ás veces non gozan de tanta visibilidade, por estar máis afastados ou en rúas que non convidan ao paseo dos peóns.

O concello de Vilagarcía colabora con esta proposta.

Para facer as compras máis cómodas para os maiores, para a rapazada haberá un obradoiro pola mañá e outro pola tarde. Ademais, con cada ticket de compra, a clientela poderá participar na ruleta de premios de Zona Aberta.