VILAGARCÍA> Os corpos de policía local adaptan as súas actuacións para loitar contra o coronavirus. En Vilagarcía, a maioría das tarefas están enfocadas a controlar o aforo dos establecementos e os accesos á vila. Tamén toman precaucións tanto na comisaría como no exterior.
Coa declaración do estado de alarman, os corpos de seguridade viron modificadas as súas tarefas habituais para velar polo cumprimento da corentena. Algúns concellos ampliaron os seus corpos de policía local e ampliaron as súas funcións para garantir a seguridade. En Vilagarcía, a policía local dedica a maior parte dos seus esforzos a controlar o aforo nos establecementos e os acceso á vila.
A policía conta con toda a protección necesaria para protexerse do Covid – 19.
Para evitar os contaxios dos propios axentes, a policía tamén tomou medidas de prevención tanto internas como externas.
En Vilagarcía, os axentes da policía local puxeron un total de 352 denuncias por incumprimento da corentena. O caso máis grave foi unha festa de aniversario.
Pero no só hai xente incumprindo as normas, tamén hai outra que colabora coa policía.
Dende a policía aseguran que a situación en Vilagarcía está bastante controlada. Advirten que salvo algún caso puntual de quebrantamento da corentena, a xente na vila estase involucrando e cumprindo as normas.